" />

Este domingo terá lugar o XIII Trofeo de Judo Cidade de Lugo

Este domingo, 21 de febreiro, a partires das 16:00 horas, terá lugar no polideportivo municipal da Casa do Deporte o XIII Trofeo de Judo Cidade de Lugo dentro do Campionato de España Sub-21 Sector Oeste. Nesta competición participarán máis de cen deportistas de Galicia, Asturias, Castela e León e Cantabria.

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, lembrou que esta proba “se enmarca no noso compromiso por fomentar o deporte, ao tempo que se impulsa a cidade”. Fernández manifestou a súa satisfacción porque se celebre a décimo terceira edición desta competición e engadiu que “este campionato servirá como referente aos deportistas máis novos de Lugo que practican esta modalidade deportiva e que conta con moitos adeptos na cidade”.

A proba que dará comezo ás 16:00 horas coas eliminatorias e a repesca, para posteriormente ás 18:30 horas celebrar as finais. A entrega de trofeos realizarase ás 19:30 horas. Nesta competición participará a judoka Silvia Lage na categoría de 63 quilos, unha deportista que acadou ser medallista nacional nesa categoría e que o ano pasado foi gañadora nos sectores nacionais sub-21 e absoluto.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo