" />

Este luns comezan as obras de saneamento e accesibilidade na Praza Maior, da Soidade e Pío XII

Este luns comezarán as obras para a mellora da accesibilidade e do saneamento de tres prazas do casco histórico, unhas obras que suporán un investimento de 153.569 euros e que se realizarán nas prazas Maior, da Soidade e Pío XII. Estas actuacións, que se adxudicaron por un importe de 104.423 euros, enmárcanse dentro da 13ª fase do acordo de rehabilitación integral do Recinto Histórico de Lugo.

Así o confirmou esta mañá o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, que informou ademais de que xa foron adxudicadas as obras de renovación da rede de abastecemento e saneamento e da mellora no pavimento do barrio de Casás. Estas actuacións saíron a licitación por un importe de 172.855 euros, producíndose na adxudicación unha baixa do trinta por cento.

Os traballos consisten na renovación da rede de saneamento e abastecemento no núcleo de Casás, a reposición de pavimentos, a base de mesturas bituminosas en quente, e a pavimentación, co mesmo material, das rúas Castiro, Monte Pena Rubia, Francisco Moure e Orquídea, no tramo entre a rúa Castiro e Avenida de Abuín, por mor do mal estado dos tubos de formigón antigos que provocan filtracións e frecuentes atascamentos. No caso da renovación do pavimento, é debido ao deterioro dos viais dada a antigüidade dos regos bituminosos existentes así como ao tránsito de vehículos que soportan. Os traballos teñen un prazo de execución de tres meses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo