" />

Este verán estarán abertos os dous accesos á praia de Arealonga

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anuncioulle hoxe ao alcalde de Foz, Francisco Cajoto, que este verán estarán abertos os dous accesos á praia de Arealonga.

A subdelegada informou ao alcalde de que a Dirección Xeral de Costas do Ministerio para a Transición Ecolóxica xa está a traballar para recuperar os dous accesos ao areal de Arealonga. Nas últimas horas, o servizo provincial de Costas puxo en marcha unha
intervención para o arranxo dos danos ocasionados por un desprendemento que obrigou a pechar o acceso á praia situado na zona de Nois. Desde onte realízanse os traballos necesarios para acometer esta obra de reparación.
Asemade, Costas realiza outra actuación no acceso a Arealonga desde Fazouro. Neste caso, estanse a completar os traballos, que xa están moi avanzados, a pesar de que esta obra tivo que suspenderse unhas semanas por mor da crise sanitaria do COVID-19. Actualmente, só queda pendente a instalación dunha varanda para que os usuarios recuperen este acceso á Praia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo