EU alerta de falta de persoal na Casa da Muller

A agrupación local de Esquerda Unida, alerta “da situación de absoluto desamparo na que se atopan as mulleres vítimas de violencia de xénero no noso municipio, ante a total ausencia de persoal na Casa da Muller capacitado para intervir neste tipo de casos”. Este servizo municipal, que funciona como CIM (Centro de Información á Muller), debe prestar atención específica ás vítimas de violencia machista que así o soliciten, como asesoramento xurídico e apoio psicolóxico. Sen embargo, segundo Esquerda Unida “a Casa de Muller carece de atención psicolóxica dende hai tempo porque a persoa encargada atopase nunha baixa que se está a prolongar e sen ser cuberta polo goberno local, así como de traballadora social, que tamén está de baixa. Os únicos efectivos cos que conta este servizo actualmente é unha avogada en substitución da persoa titular do posto de asesoramento legal, unha telefonista que se atopa de vacacións sen que se cubra a súa vacante durante o seu descanso e unha técnico de igualdade dedicada a labores de difusión, polo que non contan con ninguén que poida ofrecer ás vítimas a protección e acompañamento precisos”.

“Esiximos que se cubran as baixas laborais de inmediato. Cando se da a oportunidade de que unha muller que está a sufrir violencia machista se atreve a chamar á Casa da Muller para pedir axuda, algo de por si moi complicado, é unha obriga da administración ofrecerlle tódolos recursos á súa disposición coa maior especialización e coidado posibles, para conseguir que continúe o proceso de denuncia e acabe logrando saír da súa situación de maltrato. Unha mala atención é disuasoria de que as mulleres denuncien e pode expoñelas aínda máis ante os seus agresores”, explica Chus Rodríguez, psicóloga integrante do Consello Local de Esquerda Unida.

 Esquerda Unida tamén advirte “de falta de persoal no piso de acollida destinado ás vítimas de violencia machista porque tampouco se están a cubrir as baixas dos técnicos”. “Lembramos que hai uns meses unha muller sufriu unha agresión machista neste piso de acollida, o que evidenciou a insuficiencia do protocolo de seguridade do mesmo. Dende o grupo municipal ACE-EU solicitamos que se revisase o mesmo para actualizalo xa en decembro do ano pasado e o goberno segue sen actuar”, sinala Chus Rodríguez.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Lucia Barcelos
    Xul 12, 2019 - 12:02 AM

    Tanta…desidia

    Reply
  2. Avatar
    Cris Afonso Garcia
    Xul 11, 2019 - 08:28 PM

    No solo en la casa de. La mujer si no en varios organismos públicos
    Aparte un personal muy poco profesional y empatía cero…

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo