EU pregunda no Senado por medidas para impedir a caza con arco contra os xabarís

A Agrupación Comarcal de Esquerda Unida en Lugo eleva ao Senado, a través da senadora do grupo confederal de Unidos Podemos- En Comú Podem- En Marea por Esquerda Unida, Vanessa Angustia, preguntas sobre a proposta da Xunta de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente de solucionar a presencia de xabarís nos arredores da cidade de Lugo, con batidas de arqueiros profesionais para abatir a estes animais.

Esquerda Unida remarca que a práctica de caza con arco xa evidenciou a súa pésima eficacia para resolver este tipo de conflicto noutros casos, e supón unha medida brutal que provoca unha lenta agonía dos animais, por iso preguntará polas medidas para impedir “prácticas crueis coma esta”, que xeran sufrimento extra e absolutamente nos animais.

O plan da Consellería de Medio Ambiente prevé instalar cebadeiros na zona para atraer ás presas e así facilitar o traballo aos arqueiros que terán que estar escondidos a non menos de 4 metros de altura. Nestas condicións se a flecha chega directa ao corazón pode agardarse unha morte relativamente rápida, pero se son feridos no pulmón o nunha zona abdominal os xabarís morren por asfixia ou poderían agonizar longo tempo, “o que supón unha crueldade extrema para atallar un problema sobredimensionado”.

Segundo a agrupación, hai días que as declaracións da conselleira Ángeles Vázquez e a cobertura mediática están a “xerar alarmismo” sobre a perigosidade da presencia na contorna urbana de xabarís, alegando perxuízos para a saúde animal e humana e alertando sobre enfermedades como a peste porcina, a brucelose e a tuberculose, para xustificar estas batidas. Neste sentido, a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber lembran que “xa existe un Plan Nacional de vixianza epidemiolóxica específico” para as poboacións de xabarís, que analiza “miles de cadáveres destes mamíferos en busca de enfermidades como a propia PPA, sen que se tivese detectado absolutamente nada” e que “non existe ningunha xustificación científica nin ética” que avale a práctica extremadamente cruel que propón a Consellería de Medio Ambiente e que prevé extender a outros puntos da comunidade.

Esquerda Unida cre que na elaboración dese suposto protocolo teríase que ter tomado entidades que defendan o medio natural ou os animais como Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre, que actúa na capital lucense denunciando a actitude neglixente da administración autonómica nesta situación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com