Evislusa contará cun orzamento de 282.800 euros para o vindeiro ano

O Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Lugo (Evislusa) aprobou nunha xuntanza celebrada este xoves, o orzamento da entidade para o vindeiro ano 2017, que ascende a preto 282.800, máis dun 1,5% máis que neste exercicio, e está centrado en duas liñas de actuación: a rehabilitación, en todas as variantes, pero maioritariamente a enerxética, como aposta polo mantemento e mellora do patrimonio construído, e o urbanismo sostible. As contas, cunha achega municipal de 250.800 euros, contou cos votos a favor do grupos do PSdeG, Lugonovo, BNG-AA e Partido Popular, e a abstención de Cidadáns e ACE.

 Tal e como deu a coñecer o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, o programa de actuación de Evislusa para o vindeiro ano contempla traballos de dirección de execución material, coordinación de seguridade e saúde e dirección das obras descritas no proxecto básico e de execución de mellora do espazo urbano e accesibilidade ao barrio do Sagrado Corazón dende Carlos Azcárraga, execución parcial das beirarrúas na rúa Virxe da Soidade de Lugo, de demolición do edificio anexo ao antigo Cuartel de San Fernando e da rehabilitación do inmoble nº48 da Ronda da Muralla por vía de execución subsidiaria.

 Evislusa, explicou o edil, ocuparase de novo de xestionar os novos acordos que se celebren ao amparo da prórroga do Plan de Vivenda 2013-2016, relativos á Área de Rexeneración urbanas co Casco Histórico de Lugo, así como continuará colaborando para a articulación das propostas de Áreas de Renovación e Rexeneración Urbanas.

 Outras das actuacións contempladas nos orzamentos da empresa pública é a elaboración do material do estudo técnico que identifique a capacidae, adecuación, accesibilidade, poboación de referencia, estado físico e necesidades do conxunto dos centros sociais municipais ubicados nas antigas escolas rurais do Concello.

 Este orzamento tamén contempla a realización do proxecto de execución que defina as obras necesarias para o cumprimento da orde de execución municipal sobre o inmoble situado na rúa Catedral nº13, e o estudo da execución do saneamento integral da proposta de ENIL no bosque de ribera de As Gándaras.

 Como nos exercizos anteriores, e dentro do seu labor ordinario, Evislusa ocuparase da tramitación e seguimento dos informes de contestación aos recursos contencioso administrativos do PXOM ou a elaboración de informes técnicos relativos a procedementos sancionadores por infraccións urbanísticas. Ademais, continuará cos traballos de coordinación das labores descritas no Lugo+Biodinámico, supervisará a sitematización do Lugo Smart City e colaborará no deseño das accións da estratexia DUSI, que baixo o nome de Muramiñae, pretender abrir a cidade de cara ao río.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com