Excarerado un home en Cospeito tras envorcar o vehículo que conducía

Os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar a un home duns 70 anos que quedou atrapado no interior do vehículo que conducía, logo de envorcar á altura do lugar de O Pacio, na localidade lucense de Cospeito.

O accidente tivo lugar ás 20:15 horas de onte. Foi a esa hora, cando os servizos sanitarios de urxencia alertaron ao CAE 112 Galicia do suceso. A partir de aí, pasouse aviso aos membros do parque comarcal de Vilalba e solicitouse a colaboración dos axentes de Tráfico.

O ferido foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com