NetLab en Lugo

Éxito da primeria edición do NetLab en Lugo

Celebrouse a primeira edición de NetLab, unha cita para os profesionais do Márketing online, a comunicación e Social Media en Lugo.
Coas prazas esgotadas desde fai máis dunha semana, dende as 10 da mañanciña, 8 profesionais da comunicación faláronnos da súa experiencia profesional

O evento, que tivo lugar en La Ferretería Eventos y CO. , foi organizado por estati.co, Carmen Porteiro e APM Social e naceu coa intención de dar a coñecer aos profesionais do sector online e as iniciativas que están a levar a cabo nesta contorna.

Estruturada  en relatorios de casos prácticos e experiencias profesionais, nesta primeira edición de NetLab os protagonistas foron con Carlos Longarela, CTO de DNG Photo Magazine, unha revista dixital sobre fotografía que cumpre este mes de abril o seu 10º Aniversario; Veronica Ramallal CEO de Pekecha, experta en Márketing dixital e Social Media; Alvaro Fontela, Consultor e desarrollador WordPress en Raiola Networks, unha nova e importante empresa aloxamento que opera desde Lugo; Marta Lorenzo, do departamento de Márketing & RRPP de Campomayor; Diego Ferreiro, UI & Web performance en Salesforce, co que conectaron dende Palo Alto (California EEUU); Jacobo Lázare, Fundador de DiscoAzul.com, Perros.com; Marcos Fernández, xefe de prensa de C.B. Candelas BreogánMiguel Carreira ,SEO SEM Consultant en Flat101.

As 50 prazas para esta primeira edición esgotáronse unha semana antes do evento ó que acuidiu xente de toda Galicia cun interes especial en que continúe esta iniciativa para fomentar a cooperación entre os profesionáis galegos do sector.

Os organizadores están a preparar a seguinte edición tras o éxito conseguida nesta, e están xa a traballar abrindo novas canles de comunicación para poder manter vivo este laboratorio de profesionais de forma permanente que deixou moi bo sabor de boca entre os asistentes e os que o viron a distancia a través de streaming. Compre destacar que o evento foi tendencia en España o lóngo da maña

A organización de NetLab quere agradecer a todos os colaboradores lucenses, mantendo a filosofía inicial,  Raiola Network, La Ferretería, Cafés Candelas, Rock&Donin, Xornal de Lugo, Mermaid Photo, Fundación CEL e Macrocopia que fixeran posible a edición deste evento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com