Exposición fotográfica «Nós tamén fomos emigrantes» en Becerreá

No Concello de Becerreá, na Casa da Cultura, inaugurarase a exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX». A mostra abrirase ao público mañá martes 23 de xullo na Casa da Cultura de Becerreá, onde se poderá visitar de luns a domingo en horario de 17.00 a 21.00 h. O acto institucional de inauguración terá lugar o sábado 3 de agosto, ás 19.00 h, cunha visita guiada.

A exposición recolle unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo