A moza que o pasado día cinco fora golpeada por unha vaca que participaba no desfile de gando, faleceu onte no HULA logo de permanecer todo este tempo na UCI do hospital da capital lucense.
Como lembrarán a falecida foi golpeada cando saía dunha cafetería sen que lle dera tempo a reaccionar. A vítima chamábase María Millán e era de Vilagarcía de Arousa.
O evento estaba programado dentro das festas patronais lucenses froito da colaboración da comisión de festas e os responsabeis do Pazo de feiras e congresos de Lugo, situado nas inmediacións do campo de fútbol Anxo Carro.
Hoxe á mañá diante da casa do concello, gardouse un minuto de silencio en memoria de María. No acto participaron membros do Goberno Municipal así como outros edís do grupo da oposición.