" />

Un mozo perde a vida nunha colisión entre dous vehículos en Castro de Rei

O 112 Galicia rexistrou esta madrugada un accidente mortal na LU-P-1706, ao seu paso pola parroquia de Triabá, no concello de Castro de Rei. Como consecuencia do impacto, o condutor dun dos turismos, un rapaz de 27 anos, perdeu a vida e o outro foi trasladado ao Hospital Nosa Señora de Ollos Grandes.

A alerta activouse ás 1:30 horas a través do sistema de aviso e-call, ferramenta que permite a comunicación coa central de emerxencias ao detectar un impacto no vehículo. Así, foi posible que os xestores do 112 contactasen cun dos condutores implicados no accidente. Na súa comunicación co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, o home indicaba que se atopaba ben pero, no interior do outro turismo había unha persoa que necesitaba asistencia médica urxente.

Decontado, desde o 112 solicitouse a intervención dos servizos sanitarios, que mobilizaron ao punto unha UVI móbil. Ademais, ante a posibilidade de que a persoa estivera atrapada, o persoal do 112 Galicia avisou aos Bombeiros de Vilalba, que, efectivamente, liberaron ao condutor do outro vehículo involucrado na colisión. Desafortunadamente, nada se puido facer por salvarlle a vida. O falecido, un mozo de 27 anos, era natural da parroquia de Bexan, pertencente ao Concello de Cospeito.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo