Falece un home ao envorcar o tractor que conducía en O Corgo

Un home faleceu esta tarde no concello de O Corgo ao envorcar o tractor que conducía.

No momento de producirse o accidente o home circulaba pola LUP-1608, á altura do lugar de Farnadeiros. Tras saírse da vía, o vehículo caeu e quedou envorcado nunha finca.

Ata o lugar desprazáronse decontado os servizos sanitarios de urxencia pero, nada mais chegar, só puideron confirmar o falecemento da persoa.

O 112 Galicia tivo constancia do tráxico suceso sobre as 16:50 horas, a través da chamada dunha persoa particular. A partir de aí, os xestores do 112 pasaron aviso inmediato ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Sarria. Do mesmo xeito, informaron dos feitos aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Os Bombeiros confirmaron a excarceración da vítima ao quedar atrapada baixo o vehículo agrícola.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Antonio Castro
    Xul 12, 2019 - 07:51 PM

    Hai que tomar medidas de SEGURIDADE,SON DEMASIADOS CASOS

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo