" />

Falece unha muller tras ser atropelada por un turismo en Cervo

O 112 Galicia era informado pasadas as 17:30 horas desta tarde dunha muller de avanzada idade que fora atropelada na estrada que conduce de Cervo a Celeiro. Segundo indicaba un particular que se atopaba na zona no momento do accidente, a persoa quedara tendida na vía, e aparentemente perdera o coñecemento.

Foi entón cando dende o 112 coordinouse a acción dos servizos de emerxencias: ata o punto desprazáronse o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Cervo e a Garda Civil de Tráfico. Ademais, foron informados os Bombeiros de Viveiro, que finalmente non tiveron que intervir.

A pesar dos esforzos dos servizos sanitarios, nada se puido facer por salvar a súa vida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo