Falece Xosé Anxo Cuba, ex edil do BNG no Concello de Lugo

Xosé Anxo Cuba Rodríguez,  faleceu esta mañá aos 62 anos de idade e tras unha longa enfermidade. O que fora concelleiro do BNG entre os anos 1.999 e 2.003 e que chegara a formar parte do goberno municipal de Lugo como responsable de mercados, sempre traballou activamente como militante de base no BNG e tivo diversos cargos orgánicos dentro da formación nacionalista (membro en diferentes ocasións do consello local e da executiva comarcal). Entre 2009 e 2011 foi responsable de organización da Comarca de Lugo-Centro do BNG.

Mañá xoves, 8 de marzo, celebrarase un acto de lembranza antes da súa incineración no Tanatorio das Gándaras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com