" />

Unha farmacia de Lugo, a primeira da provincia autorizada a vender medicamentos online

A tenda online da farmacia lucense ‘Farmacia Labandeira’ é dende principios de mes a primeira da provincia autorizada pola consellería de Sanidade da Xunta para a venda online de medicamentos de uso humano non suxeitos a prescripción médica. 

Só se poden vender a través da web aqueles medicamentos para o autocuidado da saúde que estean destinados a procesos ou condicións que non precisen unha diagnose precisa e que son cualificados como tal pola Axencia Española de Medicamentos e de Produtos Sanitarios (AEMPS), é dicir, medicamentos que non precisan receita médica.

Os usuarios poderán atopar na súa páxina web o selo que acredita a venda legal de medicamentos non suxeitos a prescripción médica.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo