Este xoves inaugurouse a feira de produtos ecolóxicos que se celebra, dende hoxe e ata este sábado 1 de setembro nos xardíns de Noriega Varela en Viveiro. Baixo o nome de Ágora Verde, serve para dar a coñecer estes alimentos na Comarca, e os standsparticipantes estarán abertos dende ás 11 ata ás 22 horas.
O Goberno da Deputación é o principal impulsor desta iniciativa, que chega a súa terceira edición. Durante os días de feira haberá xogos, obradoiros infantís, concursos e demostracións de cociña, entre outras actividades.