A Feira Outlet de Lugo trae esta fin de semana descontos en 26 establecementos

A sétima edición da Feira Outlet de Lugo, que organiza a Asociación de Autónomas da cidade, reunirá esta fin de semana a 26 comerciantes lucenses que ofrecerán nos seus stands centos de produtos con descontos que oscilarán entre o 50 e o 80%.

A feira quedará instalada na Praza Anxo Fernández Gómez, detrás do Concello, dende o venres e até o domingo. Alí distintos establecementos porán á venda centos de produtos variados en stock de zapatería, téxtil, xoiería, lencería, fogar, pel, agasallos, peiteado, cosmética, deporte e accesorios de mascotas.

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto subliñou que “dende a Deputación apoiamos de forma incondicional este tipo de actividades que contribúen ao desenvolvemento do tecido económico da provincia. Nas pasadas convocatorias, a Feira Outlet deixou uns beneficios medios de 100.000 euros, uns 3.500 euros por comerciante, e non me cabe dúbida de que na súa sétima edición repetirá éxito”.

Pola súa parte, a concelleira de Benestar Social de Lugo, Ana Abelleira, apuntou que “o Concello apoia esta xa que dinamiza o comercio local e favorece o desenvolvemento económico da cidade. Animar a toda a cidadanía a visitar e mercar na carpa de detrás do Concello, onde poderán atopar descontos de ata un 80% en todo tipo de produtos de calidade. Por outra banda, felicitar á Asociación de Autónomas pola iniciativa e augarlle, canto menos, os mesmos éxitos que nas seis anteriores campañas”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com