Feridas dúas rapazas tras ser atropeladas por un autobús en Viveiro

O accidente sucedeu, ao fío das 15:45 horas desta tarde, na Rúa Antonio Ledesma, á altura dos institutos, no Concello de Viveiro. Nese intre, varias persoas particulares contactaban co 112 Galicia para alertar do atropelo e indicaban que, posiblemente, unha das nenas podería atoparse atrapada.

Axiña, os xestores de emerxencia do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos servizos sanitarios de urxencia, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Viveiro que, xa no lugar, confirmaron que non se precisaba o uso de material de excarceración xa que ambas menores atopábanse accesibles. Ademais, solicitouse a colaboración da membros Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Finalmente, os servizos sanitarios informaron ao 112 Galicia do traslado das rapazas feridas ata o Hospital da Mariña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo