Ferido grave un home tras sufrir un accidente en Pantón

Un home resultou ferido de gravidade tras sufrir un accidente co vehículo que conducía cando circulaba pola N-120, entre os Peares e o alto de Guitarra, á altura da localidade lucense de Pantón.

Foi un particular quen, ao fío das 00:30 horas desta madrugada avisou ao CAE 112 Galicia dun coche accidentado e cunha persoa ferida de carácter grave.

A partir de aí, de inmediato, se alertou a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Monforte. A intervención dos axentes de Tráfico tamén foi requirida polo persoal do 112 Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com