Ferido un home en Meira tras caer dunha altura de oito metros

Ferido un home no concello de Meira tras caer duns oito metros de altura mentres pintaba o exterior da vivenda do seu pai. A vítima caeu a un patio de luces.

Os feitos tiveron lugar nunha vivenda da Avenida José Antonio. O 112 Galicia tivo coñecemento da situación contra as 18:20 horas desta tarde, a través da alerta de Urxencias Médicas.

Os efectivos sanitarios solicitaban axuda para sacar ao home ferido do patio de luces. Con estes datos, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou a Protección Civil e á Garda Civil. O home foi trasladado a un centro sanitario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com