Ferido un home tras caer do seu tractor nunha estrada da Pontenova

Un home resultou ferido esta mañá despois de caer do seu tractor mentres circulaba por unha estrada da Pontenova. O home sentiuse indisposto cando ía conducindo a máquina e acabou precipitándose ao chan, caendo nunha leira.

Os efectivos sanitarios trasladárono en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti. O 112 Galicia recibiu o aviso minutos despois das 12:00 horas deste mediodía.

Os feitos producíronse na contorna da igrexa de Santo Estevo. O persoal do CAE 112 Galicia informou ao GES da Pontenova, que enviou ao punto varios efectivos. Tamén se alertou á Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com