Ferido un home tras sufrir unha caída cando traballaba no tellado dunha casa en Pantón

Un operario resultou ferido despois de sufrir unha caída cando traballaba no tellado dunha vivenda situada no concello lugués de Pantón, concretamente no lugar de Lornís.

A alerta sobre o accidente recibiuse no 112 Galicia ás 17:30 horas desta tarde mediante a chamada dunha persoa particular que pedía asistencia sanitaria urxente para o traballador ferido. Deste xeito, desde112 o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse aos profesionais sanitarios, que mobilizaron ao helicóptero medicalizado, e aos axentes da Garda Civil.

Ademais, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Monforte para o rescate do traballador, xa que o ferido caera nunha zona de difícil acceso.

Finalmente, o ferido foi evacuado na aeronave ao centro hospitalario de referencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com