" />

Fernández Queipo pon en valor nas V Xornadas de Protección Civil a labor os voluntarios

O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, participou este sábado nas V Xornadas de Protección Civil, que tiveron lugar no Concello da Fonsagrada. O tamén rexedor municipal puxo en valor a labor da protección civil “un servizo fundamental para a nosa provincia, especialmente para os municipios máis pequenos que non dispoñen, en moitas ocasións, de profesionais de emerxencias como bombeiros ou policías locais.

Fernández Queipo explicou que “o Presidente da Deputación, Alcalde tamén dun Concello do rural, é coñecedor da importancia que estes grupos teñen no día a día dos municipios. Logo de manter un encontro con eles, no que abordou o recorte do 50% dos fondos da Xunta de Galicia para este servizo, chegaron á conclusión da necesidade de colaborar con eles para poñer fin a situación que estes recortes produciron no seu día a día”.

O Vicepresidente explicou que Campos Conde decidiu por en marcha unha nova liña de axudas de 170.000 euros para paliar os recortes doutras administracións. É unha programación totalmente pioneira en Galicia, que se puxo a disposición de todos os Concellos, a través do Plan Único da Deputación, e que outros grupos de protección civil de Galicia reclaman para as súas provincias. A través dela, destináronse a cada municipio ata 4.000 euros para financiar gastos de Protección Civil.

“A través deste tipo de axudas, dende o Goberno da Deputación, reafirmamos o noso compromiso co rural, e coas persoas, pois, como dicía, trátase o de protección civil é un servizo fundamental. Son máis de 40 grupos que desenvolven a súa actividade noutros tantos municipios da nosa provincia, agrupando a 2.000 voluntarios aos que dende as administracións públicas, e en agradecemento á súa labor, debemos axudar e non pór máis dificultades”, destacou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo