Fernando Suárez repite como alcalde en Ribadeo

Este mediodía quedou constituída a Corporación Municipal de Ribadeo, tras a celebración do pleno que deu comezo ás 13:30 horas. As concelleiras e concelleiros prometeron os seus cargos e despois tivo lugar a votación dos candidatos. Cada formación política apoiou ao seu e como consecuencia, e tras os resultados acadados nas pasadas eleccións municipais, Fernando Suárez, do BNG, foi proclamado alcalde por maioría absoluta.

No seu discurso, xa como rexedor que afronta o seu cuarto mandato, tivo palabras de agradecemento para “os que axudaron a deixar o listón tan alto como está” e dixo que “toca pensar en Ribadeo, na bisbarra, na provincia e tamén en Galiza enteira”.

Suárez Barcia manifestou que “seguiremos impulsando un crecemento sostible, produtivo e non especulativo. Seguiremos traballando duramente polas partes máis febles da sociedade. Queremos facer de Ribadeo a capital galega da produción orgánica e da alimentación sá… e todo isto cunha clara perspectiva de xénero”.

Ducias de veciñas, veciños e familiares dos membros da Corporación Municipal de Ribadeo quixeron acompañalos nesta sesión plenaria constituínte. Ao remate houbo tempo para as fotos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com