Ferreiro: “As institucións teñen que estar ao servizo das iniciativas culturais e non ao revés”

A edil electa do BNG, Maite Ferreiro, asumirá a responsabilidade de goberno na Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e avanzou que a partir da vindeira semana comenzará a reunirse con colectivos e persoas vencelladas á actividade cultural. “Xa estamos a recibir propostas, sabemos que hai moitas iniciativas culturais funcionando na cidade e entendemos que temos que poñernos a traballar”, sinalou Ferreiro quen engadiu “queremos recibir propostas e escoitar a todas as persoas que teñen cousas que decir no mundo da cultura, en Lugo son moitas”.

Maite Ferreiro destacou “o amplo espectro de actividades que emerxen no eido cultural no Concello de Lugo, queremos poñer o concello ao servizo de todas as persoas que participan na vida cultural o antes posible, por que sabemos que existen expectativas positivas”. Ferreiro indicou “temos obxectivos para a política cultura da cidade, e entre eses obxectivos está o de dar apoio a iniciativas que xa están funcionando e aquelas que se poden poñer en marcha, sempre dentro das posibilidades que teñamos”.

Ferreiro insistiu en que “as institucións teñen que estar ao servizo das iniciativas culturais e non ao revés” e afirmou “queremos recibir propostas e escoitar a todas as persoas que teñen cousas que dicir no mundo da cultura, en Lugo son moitas”. “Unha das primeiras tarefas que asumiremos dende a Área de Cultura será a organización dun San Froilán no que os colectivos, escolas entidades e artistas lucenses terán un papel protagonista”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Lucia Barcelos
    Xuñ 20, 2019 - 08:10 PM

    Fas ben..

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com