Fin de semana de loita para o Emevé

Esta fin de semana o CV Emevé viaxa a domicilio para xogar a súa penúltima xornada de Liga regular. As pupilas de Jose Valle, viaxan a Elxe para enfrontarse o sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal o Toscar, contra o ESD Selectas Elxe, recentemente ascendido tamén esta tempada á Superliga Feminina.

As lucenses viaxan sen presión, polo que tentarán que o seu nivel de xogo estea á altura da tempada e se é posible, traer a vitoria para casa. Nesta ocasión, tras a baixa de Carmen Saá por estudos no estranxeiro, incorpórase ao grupo a cadete e canteirá do Emevé, Ainara Burgo, que fai menos de quince días estivo na concentración da selección española, e que se presenta cunha oportunidade estupenda na súa carreira deportiva. O septeto inicial co que pode optar Jose Vale, sería: María Sanjurjo, Laura Villasante, Lucía Prol, Tea Andri` c, Irene Yáñez, Aitana Fernández e Eliana González ( Líbero). Como reservas: Ainara Burgo, Alba Pizarro, María Aguiar, Eugenia Nosach e Natalia Aispurúa.

Os mozos de Diego Taboada, están no seu mellor momento da tempada; xa co billete para a fase de ascenso, e donos da primeira praza da liga a falta de dúas xornadas. Este sábado viaxan a Oleiros, A Coruña, para medirse ás 18:30 no Pavillón Vale Inclán, contra o equipo que se atopa pechando a táboa clasificatoria e xa descendido o Kinessis Fisioterapìa Oleiros. Os lucenses expoñen o partido con comodidade e para dar descanso aos que máis apertados están fisicamente, para que cheguen no seu nivel máis óptimo á fase de ascenso. Diego Taboada pode optar por: Pablo Villar, Adrián García, Guillermo Avendaño, Chema Giménez, Rubén López, Anass Anzaui e Jordi Ferreiro ( Líbero). Como reservas: Antonio Mondejar, Victor Bouza, Manuel Branco, Mario Dovale e Pedro Sánchez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com