Fin de semana intensa para un Emevé con ilusión

É certo que o papel do CV Emevé esta tempada está a xerar unha grata sorpresa. Deben estar contentos en xeral polo papel que demostraron as mozas de Jose Valle na Superliga Iberdrola, e están máis que ilusionados pola gran tempada do conxunto masculino: Campión Copa Príncipe, conxunto invicto e primeiro clasificado de liga.

O conxunto feminino, viaxa esta fin de semana a Madrid, para medirse o sábado ás 19:00 horas no Pavillón Luís Buñuel, a un conxunto que xa superou en casa na primeira volta da liga; o Feel Volley Alcobendas. Equipo que se atopa cuarto na clasificación xeral, cun gran bloque de xogadoras, pero que as lucenses xa souberon coller a medida para gañarlles con anterioridade. Viaxan con ganas de traer outra vitoria para casa e poder superar ao equipo madrileño, e para iso deben establecer un bo bloque de recepción e defensa, para que o seu xogo sexa máis fluído e ofensivo.

O septeto inicial: María Sanjurjo, Laura Villasante, Lucía Prol, Eugenia Nosach, Irene Yáñez, Aitana Fernández e Eliana González ( Líbero). Como reservas: Alba Pizarro, Tea Andri’c, María Aguiar, Uxía López e Carmen Saa.

O conxunto masculino, tócalle esta vez xogar en casa, ante o seu público. O sábado ás 17:00 horas no Pavillón Municipal, o conxunto de Diego Taboada mídese ao sétimo clasificado en liga, o Extremadura Cáceres PH. Os estremeños, viaxan coa finalidade de poder rabuñar algún punto aos líderes da clasificación, algo que os locais non deixarán tan facilmente. Os lucenses están con fame de poder conseguir unha liga de ilusión, sendo campións de liga invictos e coa opción de ascender á Superliga Masculina o ano que vén.

Diego Taboada sairá de inicio con todo o seu persoal titular habitual: Antonio Mondejar, Victor Bouza, Chema Giménez, Anass Anzaui, Manuel Branco, Pedro Sánchez e Mario Dovale ( Líbero). Como reservas: Guillermo Avendaño, Pablo Villar, Rubén López, Jordi Ferreiro e Adrián García.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com