" />

Friol traballará na mellora e urbanización da contorna do club fluvial

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colaborará co concello lucense de Friol co fin de acometer unha serie de obras de edificación e urbanización na contorna do clube fluvial, unha instalación pública e aberta a toda a veciñanza que leva máis de 40 anos en funcionamento. Así o acordaron a conselleira Ángeles Vázquez e mais o alcalde José Ángel Santos coa sinatura dun acordo de cooperación en virtude do cal a Xunta se compromete a asumir o 70% do custo da actuación e o concello, a achegar o 30% restante. Concretamente, a Consellería aportará 523.081,84 euros na anualidade de 2020 e o municipio, outros 224.259,77 euros.

A Xunta de Galicia é consciente da importancia que ten para os concellos a materialización de determinados proxectos urbanísticos para mellorar a calidade de vida dos seus veciños e dinamizar determinadas zonas. Neste sentido, os equipamentos urbanos desempeñan un papel fundamental como factor dinamizador para o desenvolvemento social e cultural da sociedade e son, ademais, elementos estruturais da contorna.

Concretamente, as obras previstas en Friol –cun custo total inicialmente estimado en case 750.000 euros- consistirán nunha renovación integral do edificio central e das dúas piscinas exteriores, unha de adultos e outra infantil, que ten o recinto. Ademais, tamén se urbanizará parte da contorna da praia fluvial, localizada nunha das marxes do río Narla.

Con este tipo de actuacións, como lle trasladou a conselleira ao rexedor, dáse cumprimento ao reto do Goberno galego de acadar un urbanismo responsable e apostar pola recuperación das vilas e cidades galegas, como parte da identidade de Galicia. Nesta liña, subliñou que a Xunta é consciente da importancia de establecer lazos de colaboración cos municipios en proxectos que, coma este, buscan mellorar e potenciar espazos públicos xa existentes para facilitar a accesibilidade aos mesmos e poñer en valor certos espazos.

Ademais, lembrou que este tipo de colaboracións para poder intervir sobre equipamentos urbanos tamén son un instrumento eficaz para axudar a frear o despoboamento do rural, xa que potencian as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais e, en definitiva, melloran o benestar e a calidade de vida da poboación das vilas e cidades galegas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo