Fuel Fandango, Ana Moura, Brath e Xabier Díaz actuarán no San Froilán 2016

O Concello de Lugo vén de confirmar catro novos concertos que terán lugar no marco das festas do San Froilán 2016 e que se sumarán aos xa confirmados de Loquillo, Roi Casal e Abraham Mateo:

 Fuel Fandango actuará o vindeiro 5 de outubro canda o grupo lucense Sigilu na Praza Horta do Seminario. Fuel Fandango é un dos grupos máis innovadores dos últimos tempos. Formado en 2009 polo productor e DJ canario Ale Acosta e Nita, nova cantante cordobesa que posúe unha gran experiencia profesional. Fuel Fandango alcanza as 15.000 descargas na súa web do seu primer EP. “Aurora” (2016), é o terceiro álbum de Fuel Fandango no que as fronteras entre flamenco e electrónica desaparecen completamente nun conxunto homoxéneo dentro da infinita diversidade dunha proposta artística única.

 Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre actuarán o vindeiro día 9 de outubro na Praza de Santa María. No ano 2015 Xabier Díaz edita The tambourine man xunto ás Adufeiras de salitre, que obtivo o galardón ao mellor disco galego nos Premios da Música Independente (2016) e ao mellor álbum na categoría de música tradicional nos Premios Martín Códax da Música Galega (2016). Ademais, The tambourine man, mantívose no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo do 2016.

 Ana Moura actuará o vindeiro día 11 de outubro na Praza de Santa María. Trátase dunha cantante de fado portuguesa recoñecida internacionalmente. Unha voz que camiña pola tradición libremente, mentras que de xeito elegante xoga coa música pop. Conta con máis de 300.000 discos vendidos e máis de unha ducia de galardóns dos que destacan: 2 Globos de Ouro, 2 premios Amália, 1 nominación para os Songlines Music Awards na categoría de Mellor Artista.

 Brath actuará o vindeiro día 12 de outubro na Praza Horta do Seminario. Brath é a banda que no ano 80 incorpora por primeira vez ao folk galego instrumentos que ata de aquela estaban reservados para o rock, como a batería e as guitarras eléctricas. Con esta nova visión da música galega, que naqueles intres foi toda unha revolución, iniciouse un camiño que pouco a pouco recorrerían a maioría dos grupos do noso país.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com