" />

O Goberno da Deputación xera 210 novos empregos na provincia en 90 días

O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, avanzou este venres que son 210 novos postos de traballo, os que o Executivo Provincial leva xerado, en tan só 3 meses, no conxunto do territorio lugués. Fíxoo a través das súas dúas programacións de xeración de emprego directa que na actualidade ten en marcha en toda a provincia: Ben Empregado 3 e DEPUEMPREGO 2.

Son postos de traballo en empresas, entidades, colectivos sociais e municipios de todas as Comarcas, cos que o Goberno da Deputación busca combater o paro, contribuír á actividade de autónomos, PEMES lucenses e colectivos sociais lucenses, así como reforzar a prestación de servizos públicos en todos os Concellos, especialmente en zonas rurais. “Facémolo na nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural”, destacou.

Santos Ramos explicou que dos 210 novos postos de traballo xerados nos últimos 3 meses en Concellos de todas as Comarcas lucenses, 129 son do Ben Empregado 3 e 81 do DEPUEMPREGO 2. “Representan o 46% da oferta de emprego que poremos a disposición de todos os lucenses mediante estas dúas programacións de xeración de emprego directa na provincia. Pois, hai que ter en conta, que co Ben Empregado 3 xeraremos un total de 150 empregos e co DEPUEMPREGO 2 uns 300”.

“Facémolo con 6,1 millóns de euros, cos que financiamos os custos laborais destes 450 novos traballadores nos 67 Concellos da provincia. Nas vindeiras semanas, ofreceremos os restantes 240 postos de traballo”.

“E este 2017, poremos en marcha novas programación. Polo tanto, este Goberno Provincial fai que a Deputación de Lugo continúe sendo a administración galega que máis inviste na xeración directa de emprego na provincia”, apunto

Distribución dos 210 empregos xerados polo Goberno Provincial nos últimos 90 días

Nas Comarcas de Chantada, Quiroga e Lemos:36 novos empregos en 9 Concellos.

Na Comarca de Lugo:36 novos empregos en 5 Concellos.

Na Comarca da Mariña:33 novos empregos en 12 Concellos.

Na Comarca da Terra Chá:33 novos empregos en 10 Concellos.

Na Comarca da Montaña: 34novos empregos en 10 Concellos.

Na Comarca da Ulloa:27 novos empregos en 3 Concellos.

Na Comarca de Sarria:11 novos empregos en 5 Concellos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo