" />

Goberno e praceiros avalían as últimas accións promocionais da Praza e o Mercado

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, iniciou unha serie de xuntanzas con todas as vendedoras e vendedores da Praza de Abastos e do Mercado Municipal. Cristina López explicou que “con estas xuntanzas queremos avaliar as accións que puxemos en marcha no 2020 para promocionar a Praza e o Mercado, e para recoller as propostas das profesionais que desenvolven a súa actividade nestas instalacións para as vindeiras campañas”.

A edil de Participación afirmou que “durante o 2021 seguiremos traballando para darlles ocupación aos postos baleiros da Praza e do Mercado, para contar con novas propostas nun emprazamento histórico da cidade”, e engadiu, “continuaremos a realizar campañas e promocións durante este ano para facer chegar á veciñanza os produtos de calidade e a atención persoal das e dos distintos profesionais de cada posto”.

Cristina López destacou a importancia do comercio local, “que demostrou a súa importancia durante a crise sanitaria”. Para a edil de Participación, “neste momento é máis importante que nunca colaborar na reactivación económica e social, para o que o pequeno comercio se volve imprescindible”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo