Gonzalo Caballero ao Comité de Empresa de Alcoa: “o Estatuto das electrointensivas farase público de xeito inminente”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo na tarde de onte unha xuntanza co comité de empresa de Alcoa na que lle trasladou que o “Estatuto das empresas electrointensivas se fará público de xeito inminente” e que “seguirá traballando pola viabilidade da factoría” e do emprego na Mariña.

Coa saída deste texto a exposición pública nos vindeiros días, Gonzalo Caballero puxo en valor que “o goberno progresista” cumpre o seu compromiso cunha medida favorable ás empresas que son grandes consumidoras de enerxía.

Así, o líder do PSdeG explicou que o documento incorporará unha batería de instrumentos de apoio á industria electrointensiva que inclúen compensacións ao CO2, PPT e ás renovables.

Ademais, Gonzalo Caballero apuntou que o estatuto que persegue abaratar os custes da factura eléctrica ás empresas de gran consumo contará con todas as garantías xurídicas e cumprirá coa normativa e coas indicacións das institucións europeas. Finalmente, o máximo dirixente do PSdeG trasladou aos traballadores o” compromiso de seguir traballando polas medidas necesarias para manter o emprego da planta”, así como a importancia de “manter a presión sobre unha empresa que recibiu millonarias axudas durante anos”.

Así, Gonzalo Caballero solicitará ao goberno que manteña toda a atención e tome as medidas posibles para a viabilidade da factoría. O secretario xeral do PSdeG-PSOE participou nesta xuntanza na que tamén estiveron presentes o presidente da Deputación Provincial, José Tomé, a secretaria xeral do PSdeG de Lugo, Patricia Otero, o secretario de Organización do PSdeG-PSOE, José Antonio Quiroga, a deputada no Congreso Ana Prieto, así como alcaldes e alcaldesas socialistas da Mariña de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com