Hipólito Pérez será o novo director xeral de Urbanismo do Concello de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, avanzou hoxe a proposta de nomeamento do novo director xeral de Urbanismo, Hipólito Pérez, xurista licenciado en Dereito pola USC e que na actualidade leva a cabo o seu desempeño profesional como inspector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia. “Estamos convencidos de que a dirección xeral de Urbanismo será unha gran ferramenta para impulsar e, especialmente, coordinar o traballo dunha área de importancia capital para a cidade na que se concentran os servizos de Urbanismo, Licenzas, Arquitectura e Arqueoloxía. Departamentos que, aínda que fomos dotando de recursos técnicos, humanos e normativos, como a nova Ordenanza, dispoñerán agora dun coordinador que impulsará dinámicas de traballo eficientes para seguir mellorando a engrenaxe municipal”, sinalou a rexedora en relación a este nomeamento.

Hipólito Pérez  conta cunha dilatada experiencia dentro da administración pública. Á súa actual faceta como inspector, suma cargos de dirección noutras etapas profesionais como o de xefe de Sección Xurídica e secretaría da Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña, xefe da Unidade de Solo no Instituto Galego da Vivenda e Solo, xefe de Servizo de Ditames e Informes na Dirección Xeral de Urbanismo, Subdirector xeral de Disciplina e Informes na Dirección Xeral de Urbanismo, director da Axencia de Protección da Legalidade  Urbanística ou director de Área de Rexeneración Urbana non Concello da Coruña. “O perfil e cualificación de Pérez,  cunha extensa e relevante experiencia laboral á fronte de diferentes postos de responsabilidade resulta máis que idónea para este labor, así que estamos moi contentos de poder incorporalo ao noso equipo de Urbanismo”, sinalou a rexedora.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com