Home contra natureza en Codex

Os cines Codex volveron, unha vez máis, a apostar polo cinema galego. Esta vez foi Homomaquia, de David Fidalgo, unha curtametraxe nominada aos Goya que presenta un mundo onde os humanos son tratados do mesmo xeito que nós tratamos aos animais e que establece unha forte metáfora sobre a tauromaquia.

Situando ao home no papel do touro, Homomaquia, representa a vida deste coa súa crudeza e a súa violencia, coa súa falta de liberdade ata o punto de utilizar a sexualidade en función dos seus intereses.

David Fidalgo presentou onte nos Codex a súa particular denuncia ao maltrato animal coa compañía da produtora, Chelo Loureiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com