Hoxe celébrase o Día da Patria Galega

Un ano máis, chega o 25 de Xullo no que celebramos o Día da Patria Galega. Lonxe queda xa aquela data de novembro de 1919 no que as Irmandades da Fala, na II Asemblea  Nazonalista en Compostela, acordaron celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de Xullo do ano seguinte.

Durante o tempo transcorrido ata o ano 1968, houbo anos en que se permitiron actos da celebración e outros que estiveron prohibidos, ata que chegou a ditadura fascista que non permitiu dita celebración, agás unha misa que se facía en San Domingos de Bonaval cada 25 de xullo na honra de Rosalía de Castro.

 A partir do ano 1968, aínda en plena ditadura, reúnense en Compostela O PSG e a UPG para celebrar de novo, cunha manifestación na alameda, a conmemoración deste día  no que houbo fortes enfrontamentos coa Policía Franquista. Estes enfrontamentos continuarán  ata ben entrado o período democrático, mediados dos oitenta, nos que xa se comezou a celebrar con normalidade.

Este 25 de Xullo, como nos últimos anos, non hai unha celebración  unitaria e cada partido ten o seu propio acto, algúns fora de Compostela. En Lugo, aínda sendo a cidade onde se celebrou a I Asemblea Nazonalista, non hai ningún acto de relevancia. Non estaría mal que en vindeiros anos os lucenses reivindicaramos o noso lugar na historia do nacionalismo galego.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com