" />

Importante baixada de casos por infección de coronavirus na Área de Lugo

Unha nova baixada de casos activos na Área de Lugo sitúa a cifra en 589, cincuenta e tres persoas menos que onte, as  infectados por coronavirus.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.432, deles 1.046 son da área da Coruña, 728 da de Ourense, 826 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 577 da de Santiago, e 154 da de Ferrol,. aos que hai que sumar os 589 de lugo.

Do total de pacientes positivos, 33 están en UCI, 198 en unidades de hospitalización e 4.201 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.316 persoas curadas, rexistrándose 729 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 465.341.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo