Inauguradas as novas instalacións do Club Fluvial de Lugo

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, inaugurou este xoves as novas instalacións do Club Fluvial de Lugo. O Goberno da Deputación realizou unha achega económica de 100.000 euros para estas novas infraestruturas.

O Presidente explicou que con cargo a este orzamento “acadouse un ximnasio de 800 metros cadrados, e unha nova planta con salas de fitness, cardio e spinning. Ademais, ampliáronse e renováronse os vestiarios, ao tempo que se construíu unha nova cafetería con restaurante. Tamén se acometeu o arranxo de 700 metros da Rúa Fermín Rivera, con 55.000 euros, permitindo a ampliación das prazas de estacionamento coa construción dun novo aparcadoiro fronte ao Club Fluvial”.

Campos Conde subliñou que “este investimento supón un activo moi importante para a cidade e a provincia, non só polo que beneficia aos máis de 15.200 socios e aos máis de 1.000 deportistas federados do Club, senón porque contribúe a potenciar o deporte, e ao mesmo tempo damos resposta a unha importante demanda deste Club”.

A esta inauguración asistiron tamén o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o Presidente do Consejo Superior de Deportes, José Ramón Lete Lasa, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da entidade, Modesto Teijeiro Valledor, entre outras autoridades.

Instalacións xa operativas

As clases do Club Fluvial de Lugo comezaron o pasado luns, 18 de setembro, nas salas da recentemente construída terceira planta, onde se impartirán as actividades de fitness, cardio e spinning, en tres espazos, ademais das actividades virtuais que se poderán practicar nunha cuarta sala. Ademais da apertura aos socios destes novos espazos, tamén está xa en funcionamento o antigo ximnasio, que unha vez remodelado viu duplicado o seu espazo, ao unirse a esta estancia a superficie que ocupaba a antiga cafetería. Este ximnasio dotouse de maquinaria de última xeración, sobre todo para a práctica de exercicios de cardio, con elípticas de paso variable, cintas de correr, bicis e máquinas de musculación, principalmente.

Novas relacionadas

  1. Patricia Díaz Pena
    Nov 11, 2017 - 07:48 PM

    E Lugo sen praia publica…moi ben…si señor…que regalen plazas de socio

    Reply
  2. Jose Luis Lamela Ramos
    Nov 10, 2017 - 08:49 AM

    cuanta desigualdad….nada mas q decir

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com