" />

Innovación, deseño e comercio encherán os locais do Concello na Tinería

A Alcaldesa de Lugo, xunto á Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, anunciaron hoxe a resolución do comité técnico de valoración das propostas dos 18 emprendedores e emprendedoras que solicitaron o aluguer dos locais comerciais que o Concello puxo a disposición na Tinería co fin de crear un viveiro de empresas a pé de rúa para dinamizar social e economicamente o barrio de maneira eficaz e controlada. Grazas a esta iniciativa municipal, implantaranse na zona negocios variados, orixinais, innovadores, comerciais e cunha elevada posibilidade de atraer xente tanto de Lugo como de fóra, relacionados co sector turístico, moda, tecnoloxía, deporte, lecer e arte.

A rexedora deu as gracias a todos os emprendedores que se presentaron á convocatoria pública “por crer neste proxecto, no que o Goberno está a poñer moito esforzo e ilusión”. Tamén puxo en valor a gran calidade dos seus proxectos: “Sentimos que non haxa locais suficientes para todos porque todos o merecían. A totalidade das propostas de negocio foron orixinais, moi traballadas, innovadoras, cunha alta capacidade de dinamización do barrio, e moi acaídas aos usos que plantexamos. Por iso, estamos moi satisfeitos porque vén a ratificar algo que xa sabiamos: en Lugo hai moito talento e moito compromiso co desenvolvemento da cidade, e iso, a pesar do ruído e desconfianza que se tratou de xerar en torno a esta convocatoria”.

A Alcaldesa lembrou que o comité técnico de valoración estivo composto por 6 persoas: 3 vogais nomeados polo Concello (un técnico de Urbanismo e dous do CEI Nodus); un vogal nomeado pola Federación Galega de Comercio; un vogal nomeado pola CEL e a Vicesecretaria do Concello.

Os criterios de valoración, tal e como establecían as bases, foron de dous tipos: cuantitativos (tipo de empresa: de mercado, de economía social ou procedentes de viveiros ou coworkings…) e cualitativos (adecuación da actividade ás características do local e capacidade de dinamización comercial e atracción de público ao barrio).

Asemade, o goberno local destacou a importancia que supón que a maioría dos proxectos forman impulsados por mulleres.

A alcaldesa informou, do mesmo xeito, de que un dos locais (r/ Tinería, 44) quedou deserto, pois non tivo ningunha solicitude. Así con todo, o Concello estuda a posibilidade de abrilo ao público. Falando  de datas, a rexedora asegurou que, probablemente o vindeiro mes poderían entregarse as chaves.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo