" />

Intensificase o proceso necesario para a reapertura do servizo de bibliotecas e museos

A Xunta intensifica o proceso necesario para a reapertura progresiva dos centros da súa titularidade e daqueles que xestiona no ámbito dos museos e bibliotecas. Neste sentido, dende onte, 11 de maio, no que Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade, co obxectivo de determinar as actuación necesarias para a súa posta en marcha, cada centro directivo realizará unha análise das medidas establecidas polo Goberno central a través da Orde SND/399/2020, que foi publicada o pasado sábado no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Unha vez rematadas estas actuacións preliminares, que terán unha duración mínima dunha semana, e cumpridas as medidas preventivas contidas en dita orde, acordarase a apertura progresiva dos equipamentos en varias fases e a reincorporación efectiva do persoal, seguindo o Protocolo polo que se establece a reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial e as medidas de prevención aprobado no Consello da Xunta.

No caso dos Arquivos xestionados pola Xunta, a atención é telemática desde o pasado 4 de maio, agás nos supostos nos que sexa absolutamente imprescindible a atención presencial, que se limita a 10 documentos ou unidades de instalación física por xornada de traballo. As condicións de apertura dos arquivos foi fixada previamente polo Ministerio de Sanidad a través da Orde SND/388/2020 publicada o pasado domingo 3 de maio.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo