" />

Isabel Rodríguez agradece a colaboración dos farmacéuticos da provincia coa Garda Civil para a protección dos maiores

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe da posta en marcha dun acordo de colaboración entre a Garda Civil e o Colexio Oficial de Farmacéuticos para reforzar a seguridade das persoas maiores da provincia. A presentación deste acordo pioneiro tivo lugar esta mañá en Friol, nas instalacións da Farmacia Sagarra, e contou coa participación do coronel xefe da Comandancia da Garda Civil, Miguel Ángel González Arias, e do presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Lugo, Alejandro Sánchez Pérez-Mel. Tamén asistiron o titular da oficina de farmacia na que se celebrou o acto, Gabriel Rodríguez Sagarra, e a concelleira María de los Ángeles Buján.

Isabel Rodríguez destacou que “á seguridade das persoas maiores é fundamental para nós, poñemos todos os medios para garantila e agradecemos moito a sensibilidade dos farmacéuticos da provincia que suman esforzos coa Garda Civil para axudarnos a protexer a este colectivo tan importante en Lugo”.

Alejandro Sánchez, pola súa parte, manifestou que “é unha satisfacción para o colectivo a firma deste convenio, xa que ademais da habitual labor sanitaria que realizamos isto implica a maiores unha acción social na que podemos colaborar coas nosas 186 farmacias comunitarias na provincia, co obxectivo de mellorar a seguridade dos nosos maiores, aproveitando a accesibilidade, cercanía e confianza dos cidadáns”.

A subdelegada explicou, tamén, que a seguridade das persoas maiores é unha das prioridades do traballo que desenvolve na provincia a Garda Civil, que dispón para este obxectivo dun Plan Maior de Seguridade dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores, tendo en conta que se trata dun colectivo especialmente vulnerable e numeroso na nosa provincia.

No caso de Lugo, Rodríguez indicou que para a Garda Civil é especialmente importante o labor de protección dos maiores debido ao envellecemento e á dispersión da poboación na provincia, onde, segundo o INE, hai 96.499 lucenses que superan os 65 anos de idade o que representa o 29,5% da poboación. Por iso, considerouse de interese sumar esforzos con entidades que están en contacto estreito cos maiores, como son os profesionais das oficinas de farmacia existentes na provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo