" />

A IV Feira Medieval Guímara reunirá a preto de 400 persoas na Pobra do Brollón

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto ao Alcalde da Pobra do Brollón, José Luís Maceda Vilariño, e o Concelleiro de Cultura, Ricardo Rodicio González, presentaron no Pazo de San Marcos a IV Feira Medieval do municipio, que financia o organismo provincial a través dunha axuda de 40.000 euros, así como doutras actividades como a XXV Feira do Viño de Vilachá ou o IV Festival Música Tradicional as Cores de Outono.

García Porto subliñou que “a Feira Guímara rememora o pasado medieval da Pobra do Brollón, unha vila con gran relevancia polo seu interese estratéxico e comercial ao ser cruce de camiños nunha vía xacobea secundaria.  Non en vano, espérase que preto de 400 persoas se acheguen este sábado á Pobra para participar nesta feira medieval”.

A feira rememora a revolta levada a cabo polas veciñas e veciños da Pobra do Brollón cando o Conde de Lemos quixo cobrar impostos nestas terras, sen ningún tipo de dereito, posto que a vila era xurisdición de reguengo, dependente directamente do monarca e polo tanto exenta de cargas feudais impostas polos señores nobres e eclesiásticos. Cóntase que os homes e mulleres de Brollón resistiron rexamente ás tropas do Conde pero ó fin este puido derrotar aos veciños da vila. A partir deste feito os habitantes da Pobra foron chamados guímaros, que significa rudos, valentes e desconfiados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo