" />

Javier Losada insiste en manter a presión sobre Alcoa para que se sente a negociar o futuro da pranta

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, insistiu hoxe en manter a presión sobre Alcoa para que se sente a negociar sobre o futuro da pranta de San Cibrao e, para iso, considera “fundamental” que a unidade de acción acadada polo Goberno do Estado, a Xunta de Galicia e os traballadores continúe unida. Losada amosou así a súa satisfacción porque a Xunta se incorporase a esa fronte común que “permita solucionar un problema xerado exclusivamente pola compañía”.

“Costou moito, pero lle agradezo que rectificara de tal xeito que agora todas as administracións, xunto cos traballadores, loitaremos unidos para que Alcoa permita manter a actividade industrial”, asegurou. Con este obxectivo, considera fundamental tamén manter a presión sobre a empresa. Dentro deste contexto, Losada enmarcou a decisión do Ministerio de Industria de reclamar a Alcoa a devolución de 50 millóns de euros concedidos en axudas do CO2 así como a propia decisión da Xunta de declarar esencial e estratéxico o sector electrointensivo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo