" />

José González destaca na Festa do Caldo de Ósos a relevancia dos produtos derivados do porco nas citas gastronómicas galegas

O conselleiro do Medio Rural, José González, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiron hoxe á Festa do Caldo de Ósos do concello lucense de Taboada, que chega xa á súa edición número 29. Neste evento degustaron persoalmente o caldo de ósos e visitaron os postos de exposición e venda de produtos do campo e de derivados como os chourizos, o lacón ou o xamón.

Na feira da localidade luguesa o conselleiro aproveitou tamén para destacar a relevancia dos produtos derivados do porco á hora de congregar a centos de persoas nas diversas citas gastronómicas que se organizan na comunidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo