" />

Juan Carlos González Santín dimite como Secretario Provincial do PSdG de Lugo e como concelleiro

O xa ex-Secretario Provincial do PSdG en Lugo, Juan Carlos González Santín, vén de anunciar en rolda de prensa que dimite do seu cargo no partido socialista, e tamén como edil do Concello de Lugo. “Hai uns estatutos do Partido que todos temos que cumprir, aínda que ata o de agora non se esixira deste xeito, pois algunha persoa que leva tempo nesta situación, pero eu como xa dixen en varias ocasións entendo que os meus cargos están a disposición do partido.”

“A renuncia á acta do Concello vén dada porque tiven que decidir entre a acta do Concello ou seguir no Parlamento Galego, onde estou con dedicación exclusiva, e non podería dar o servizo que merecen os veciños de Lugo. Falei coa Alcaldesa e creo que o mellor momento para deixar o Concello por razóns organizativas será no vindeiro pleno municipal. A seguinte na lista do PSOE é Rosana Rielo, que será unha grande concelleira como xa o ten amosado”.

“Quero que sepan que se dimito como Secretario Provincial é porque non me sinto respaldado polo Secretario Xeral do PSdG, José Ramón Gómez Besteiro. Esto viuse retratado o 24 de xuño, e viuno todo o mundo. Anuncio esta renuncia agora porque penso que os lucenses querían un presidente socialista na Deputación, e non quería entorpecer este proceso. O ser nomeado o socialista Darío Campos presidente, creo que este é mellor momento para retirarme”.

“Esta é unha decisión de partido, non persoal. Traballarei dende o Parlamento para que cando sexan as Eleccións Xerais, Pedro Sánchez sexa o Presidente do goberno central, e que haxa un Presidente Autonómico socialista. Agradezo todo o traballo que levan facendo todos os afiliados do partido, aos simpatizantes e aos cargos públicos, e a vos, os medios de comunicación”.

González Santín, presentou este pasado verán a súa candidatura para presidir a Deputación fronte ao socialista Manuel Martínez, voceiro do goberno provincial durante os últimos oito anos, carreira que perdeu nas votacións do comité provincial, e que refrendou a Martínez como gañador absoluto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo