Juan Carlos, xogador Estrella Galicia de decembro

Cuarta entrega da tempada do Xogador Estrella Galicia do mes e segunda consecutiva na que Juan Carlos álzase co premio, igualando a Carlos Pita. Este mediodía entregouse no Restaurante España o premio Xogador Estrella Galicia que distinguía a Juan Carlos como mellor xogador do CD Lugo no mes de decembro.

O meta alcarreño iguala así a Carlos Pita con dous premios consecutivos nunha emocionante disputa polo premio de Xogador Estrela Galicia da tempada. De novo os finalistas volveron a ser Josete Malagón e Cristian Herrera, que esta vez tampouco puideron destronar ao seu compañeiro como xogador máis votado pola afección.

Francisco López, xerente do Restaurante España, foi o encargado de facer entrega do premio ao porteiro albivermello. Posteriormente foi Juan Carlos o que obsequiou cunha camiseta asinada polo equipo ao grente do establecemento situado na Rua do Teatro, que recibiu o premio Hostaleiro Estrella Galicia do mes de decembro. Co premio xa nas súas mans, Juan Carlos recoñeceu que aínda queda espazo para colocar máis na súa casa: “É un privilexio sempre vir recoller este premio. Ao final é traballo de todos, traballo do equipo e, sen eles, todas estas cousas non teñen moito sentido.”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo