" />

Lara Méndez abre a porta a convocar a Xunta local de Seguridade se persisten os roubos

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez non descarta a posibilidade de convocar unha Xunta local de Seguridade se persiste a vaga de roubos que se vén rexistrando na cidade nas últimas semanas.

Méndez sinala que haberá que falar con todos os axentes implicados e con competencias no asunto pero di que, en todo caso, Lugo segue sendo unha cidade tranquila. “Lugo é unha cidade tranquila e os datos así o corroboran”, subliñou.

A rexedora tamén se referiu esta mañá a denuncia presentada polo sindicato CSIF contra ela e o ex alcalde José López Orozco por prevaricación e malversación en torno á contratación dunha funcionaria do Concello como letrada asesora pese a que, segundo o sindicato, había dúas sentenzas en contra de que esa persoa continuase nese posto.

Méndez dixo estar “tranquila” e apuntou que aínda non se lle notificou dita demanda. En todo caso, a rexedora cre que “haberá que agardar a ver se se admite a trámite” e subliña que esa funcionaria reunía todos os requisitos para ostentar dito posto.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo