Lara Méndez e Jorge Suárez, alcalde de Ferrol, comparten “a ambición por crecer” de ambos os Concellos

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o rexedor ferrolán, Jorge Suárez, comparten “a ambición por crecer” de ambos Concellos. Así o quixeron deixar claro ao longo da celebración do San Xiao, patrón da cidade naval, que tivo lugar este sábado no teatro Jofre. O acto, no que estiveron presentes os membros das dúas Corporacións, arrincou coa sinatura no libro de ouro dos homenaxeados nesta ocasión, o popular actor Javier Gutiérrez como Fillo Predilecto de Ferrol, Julio Martín Ramos de Navantia, como Ferrolá do Ano 2016; e Javier Maroño de Cope Ferrol, Miguel Castelerio do CEIP Ponxos e José Lorenzo, da Galería de Sargadelos, que recibiron a insignia de ouro.

No acto, Lara Méndez, quen agradeceu ao seu homólogo a invitación, ensalzou a historia das relacións de amizade entre ambas as dúas cidades, que se oficializaron no ano 2000 pero que datan de 1906, “e que queremos que avancen, máis aló de actos puntuais “. Ao mesmo tempo, defendeu o que ambas cidades teñen en común, que se pode simplificar no municipalismo, “dúas cidades moi similares, cunhas problemáticas comúns, que teñen que ter solucións comúns para beneficiar aos veciños e veciñas”. Así mesmo, demandou potenciar o Eixo Norte, para buscar as fortalezas que unen Lugo e Ferrol, e evitar unha Galicia de dúas velocidades.

Nesta liña tamén insitiu Suárez, quen avogou por unir forzas e buscar o ben común. Neste punto considerou que Ferrol ten moito que aprender de Lugo, como por exemplo a rehabilitación dos barrios. Tamén tivo palabras para lembrar ás Murallas de ambas as cidades, facendo fincapé en que a luguesa axudou a abrir a ferrolá.

Os dous rexedores coincidiron ademais en reivindicar o potencial turísticos dos dous municipios para impulsar o crecemento socioeconómico e cultural, que pasan por unhas boas infraestruturas e comunicacións.

Posteriormente, como é de costume, os dous Alcaldes intercambiaron obsequios institucionais, nesta ocasión dous cadros. A Banda Municipal de Ferrol, que interpretou dous fragmentos da pantasma da ópera e de Robin Hood puxeron o broche musical á xornada, que rematou, coa tradicional degustación de arroz con leite.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com