Lara Méndez envíalle unha carta a Feijóo para lembrarlle as reivindicacións históricas de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ven de remitirlle este mércores unha carta ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na que lle solicita, fixar unha xuntanza de traballo “para establecer novas fórmulas de relación entre a entidade local e a administración autonómica”, tras a súa toma de posesión.

Con esta reunión, a rexedora buscar tratar temas da competencia autonómica en Lugo e enfocar as actuacións da Xunta nesta cidade para os vindeiros catro anos, porque se ben é certo que o Concello xoga un papel fundamental no desenvolvemento da cidade, tampouco é menos certo que a Xunta desempeña un papel determinante ao tomar decisións que afectan directamente a todos e cada un dos 98.134 lugueses.

No documento, Lara Méndez fai referencia ás palabras do propio Feijóo, “comeza un tempo novo, un tempo de acordos, para afrontar os grandes retos que ten a sociedade por diante”, e lémbralle que no que a Lugo se refire, a Xunta ten grandes retos que afrontar, como a dotación dos servizos de Hemodinámica as 24 horas, e a finalización da implantación completa de Radioterapia e Medicina Nuclear no HULA, a conversión do Cuartel de San Fernando en Museo da Romanización, a construción da Ronda Leste, a dotación de servizos no barrio da Residencia, prazas públicas de residencia e centro de día para os nosos maiores, prazas públicas de gardería, o equipamento do novo auditorio, a construción da estación intermodal, a execución do Plan Paradai, a continuidade do plan de rehabilitación de vivendas na Tinería, a posta en valor do Camiño de Santiago ao seu paso por Lugo, ou as competencias en materia de servizos sociais.

Nesta liña, subliñou que non permitá “unha discriminación inxustificada coa veciñanza de Lugo con respecto a outra das demais cidades galegas”. “Estou segura de que comparte comigo, porque así o dixo, a vontade de buscar “diálogo, unidade e consenso”, sempre en beneficio da cidadanía, polo que me poño á

súa disposición para manter unha reunión que nos permita analizar estas necesidades da competencia da Xunta de Galicia e que non distan nada das que lle expuxen no último encontro, fai máis dun ano; polo que agardo ter unha resposta clara e contundente a todas elas máis pronto que tarde, a ser posible nos vindeiros orzamentos do 2017”, concluíu a Alcaldesa, quen aproveitou para convidar ao Presidente a realizar unha visita ao Concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com