" />

Besteiro confirma que non será candidato á Deputación

O Presidente da Deputación de Lugo Xosé Ramón Gómez Besteiro, declarou á Cadena Ser que abandonará o seu cargo institucional, para centrarse no seu labor como Secretario Xeral dos Socialistas Galegos e preparar a súa candidatura ás eleccións a presidente da Xunta de Galicia.

Lara Méndez, actual vicepresidenta segunda perfilase como posible candidata a presidir a Deputación. Nos últimos días, segundo puido saber Xornal de Lugo, producíronse movementos e reunións de diversos líderes locais e municipais da provincia, para promover á vicepresidenta como sucesora de Besteiro.

Onte mesmo, Lara Méndez era protagonista xunto co Presidente na festa da Androia de Navia de Suarna e aínda que non é a primeira vez que o acompaña a este tipo de actos, non hai que esquecer que estamos a tres meses das eleccións e calquera signo ou comentario debe ser analizado e valorado que en clave electoral.

Lara Méndez é unha persoa que ten experiencia no goberno da Deputación, non en balde leva oito anos na vicepresidencia, facendo un traballo discreto pero eficaz. Ademais a sombra que planeara sobre ela na operación “Rei” esvaeceuse ao arquivar a causa a xuiza Sandra Piñeiro. foron correctas.

A súa condición de muller, neste caso, pode aportarlle dividendos para ser a elixida, se como parece máis que probable, o Partido Popular tamén promove para que ocupe á presidencia da Deputación unha muller. Así que pode acontecer que a vindeira lexislatura na nosa provincia, o poder teña nome de muller.

Sen tempo non será.

@depulugo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo