Lara Méndez recibe a Santiago Rey, polo 50 Aniversario de La Voz de Galicia en Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este mércores ao Presidente de La Voz de Galicia, Santiago Rey Fernández-Latorre, nun acto no que se conmemorou o 50 aniversario da edición de Lugo . “Cumprir 50 anos ten mérito en calquera ámbito e en calquera nivel”, asegurou Méndez, ao tempo que subliñou que se se cumpren, coma neste caso, “é pola constancia, o esforzo e a traxectoria que ten detrás, personificados en Fernández-Latorre”.

No acto, no que tamén estiveron presentes os voceiros dos grupos políticos da Corporación, así como traballadores do xornal. A rexedora destacou “A súa aposta por ser o xornal de Galicia”.

“Na aldea global, o xornalismo xoga un papel fundamental, non só en contar a realidade cada vez máis complexa, senon tamén, en facela alcanzable á comprensión do público”, reafirmou a Alcaldesa ao tempo que lle agradeceía a Fernández-Latorre o seu labor a prol de construír Galicia e Lugo.

A Alcaldesa tamén quixo felicitar a todos os traballadores de La Voz de Galicia de Lugo, tanto “aos que estiveron, por marcar o camiño e ser biógrafos dos cambios históricos de España e Galicia, aos que están, por manter a aposta polo formato local e aos que virán, por ser os herdeiros do bo facer da visión de Santiago”. Neste punto, Méndez simbolizou o traballo no delegado de Lugo, Miguel Cabana.

Tras asinar no Libro de Ouro, o Presidente de La Voz de Galicia amosouse orgulloso de estar “na probablemente a máis fermosa das provincias galegas”, ao tempo que agradecía a recepción na Casa Consistorial coincidindo coas vodas de ouro de La Voz de Lugo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo